EXCELENTES MULLERES CIENTÍFICAS (E=mcc)

O próximo domingo 5 de outubro chega ao Auditorio de Nigrán unha actividade única para coñecer e valorar o papel das mulleres na ciencia ao longo da historia.

📌 Dúas sesións:
🕓 16:00 h
🕓 18:00 h

👥 Público destinatario: maiores de 8 anos
ℹ️ Actividade tipo museo interactivo e participativo
🔒 Prazas limitadas a 25 persoas por sesión → inscrición obrigatoria

Nesta experiencia viaxaremos pola historia da ciencia da man de mulleres pioneiras como Hipatia de Alexandría, Rosalind Franklin, Hedy Lamarr, Begoña Vila e moitas máis.

A través dun museo cheo de materiais e maquetas, descubriremos:
🌌 Como se formaron as células
☀️ O Sistema Solar a escala
💥 O estoupido dunha estrela
📡 O funcionamento do WIFI
✨ A materia escura do universo…
Todo isto de maneira práctica, activa e participativa, coa posibilidade de manipular materiais e experimentar en primeira persoa.
👉 Unha oportunidade para inspirar á nosa rapazada, fomentar vocacións científicas e reflexionar sobre a importancia da igualdade tamén neste eido.
📢 Actividade organizada por FAVALMI (Federación de ANPAs do Val Miñor) e impartida por CIENCIA EN MOVIMIENTO
💜 Subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia no marco da convocatoria SI449B para promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.

No Eventos