ATENCIÓN TEMPERÁ NO VAL MIÑOR – CHARLA INFORMATIVA
📅 Sábado 10 de xaneiro de 2026
🕔 17:00 h
📍 Auditorio Municipal de Nigrán
Desde FAVALMI – Federación das ANPAS do Val Miñor, convidámosvos a unha charla aberta sobre a importancia da Atención Temperá, a detección temperá e o acompañamento ao desenvolvemento infantil.
👉 Un espazo dirixido a familias, profesorado e representantes institucionais, no que coñeceremos de primeira man como funciona o Servizo de Atención Temperá en Nigrán e resolveremos dúbidas sobre acceso, intervencións e apoio ás familias.
🎤 Imparte:
Inés Marcote Carneiro
Psicóloga · Coordinadora do Servizo de Atención Temperá de Nigrán
🧸 SERVIZO DE LUDOTECA DISPOÑIBLE
Para facilitar a asistencia das familias, haberá ludoteca con reserva previa, en horario de 16:30 a 19:30 h, situada no local anexo ao Concello de Nigrán (Rúa Curros Enríquez nº 2), moi preto do auditorio onde se celebra a charla.
📌 A reserva da ludoteca deberá facerse previamente a través da nosa web.
🤝 Porque a Atención Temperá é clave para o presente e o futuro dos nosos nenos e nenas, e porque a comunidade educativa do Val Miñor debe camiñar unida.
💙 Agardámosvos!
INSCRICIÓN CHARLA INFORMATIVA
Encha os datos do seguinte formulario para inscribirse no evento.
