OBRADOIRO PARA FAMILIAS – CORRESPONSABILIDADE NO FOGAR

O vindeiro venres 26 de setembro, no Auditorio de Nigrán, celébrase unha actividade moi especial para compartir en familia:

🏠 Unha casa simulada con salón, cociña e habitación.
🧩 Retos e probas cooperativas para repartir e realizar tarefas domésticas.
💡 Reflexión e aprendizaxe sobre a igualdade e a corresponsabilidade no día a día.
👦👧 Nenas, nenos e persoas adultas xogaredes xuntos para descubrir que nos fogares corresponsables medran fillos e fillas máis responsables.
🕒 Sesións de 17:30h a 19:30h
📍 Auditorio de Nigrán
💻 Ademais, vídeos formativos online dispoñibles todo o ano.
💜 Actividade de balde organizada por FAVALMI.

Actividade subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia no marco da convocatoria SI449B para promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.

👉 Anímaste a participar coa túa familia?
Xuntos aprendemos, xuntos cambiamos 💪✨

INSCRICIÓN

Encha os datos do seguinte formulario para inscribirse no evento. 

4 + 13 =