PRESENTACIÓN DO INFORME «DIXITALIZACIÓN NA ESCOLA E E-DIXGAL
Dende favalmi convidamosvos a asistir a PRESENTACIÓN DO INFORME: “DIXITALIZACIÓN NA ESCOLA E E-Dixgal”
O vindeiro venres 11 de abril ás 17:00h , no auditorio de NIGRÁN.
A confederación a que pertence favalmi, ANPAS GALEGAS vai a levar a cabo a presentación do informe: Dixitalización da escola e E-Dixgal, resultado do traballo realizado por ANPAS GALEGAS para coñecer o punto de vista das familias sobre o uso dos recursos educativos dixitais na escola e o papel que estes deben xogar na educación das súas crianzas e, para identificar, naquelas familias usuarias de EDIXGAL, o uso que se está a facer do programa e coñecer a valoración que as nais e pais fan do mesmo.
Este informe foi elaborado a partir dunha enquisa na que participaron case 4000 familias, das catro provincias galegas; e o que se pretende con esta presentación é facer unha análise dos resultados obtidos e presentar as conclusións ás que se chegou con este estudo.
A presentación correrá da man de Esther Martínez, membro de ANPAS GALEGAS, profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e directora do informe.
Agardamos contar coa vosa presenza para cubrir este evento.
INSCRICIÓN
Encha os datos do seguinte formulario para inscribirse no evento.