Co gallo do Día Internacional Contra o Acoso Escolar o 2 de Maio, FAVALMI dará a coñecer un estudo sobre acoso escolar nunha mostra incidental de centros educativos públicos de Educación secundaria do Val Miñor realizado por Mati Sanromán García, graduada en Pedagoxía que elaborou este estudo como Traballo Fin de Máster de Secundaria na especialidade de Orientación.
Para isto realizarase unha xornada formativa o vindeiro 9 de maio ás 17:30 horas no local 18 do Centro de Desenvolvento Local de Gondomar na que participarán tamén Ana González Vázquez, Psicóloga Educativa, que realizou o seu traballo como orientadora no IES Primeiro de Marzo e formadora do Programa TEI, programa de prevención do acoso escolar, participará Bertila Fernández Pérez para falar sobre a súa experiencia como ex integrante no Consello Galego da Convivencia e na Comisión de Convivencia de FOANPAS.
É preciso inscripción previa a través do formulario que atoparás ao final desta páxina.
A actividade será gratuíta.
Convidamos a toda a Comunidade Educativa do Val Miñor e a todas as persoas interesadas en mellorar a convivencia nos centros educativos e en erradicar o acoso escolar das nosas aulas.

Protocolo de acoso escolar da Xunta de Galicia: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceebarcia/system/files/PROTOCOLO%20ACOSO%20ESCOLAR_0.pdf

6 + 12 =