MULLERES INVENTORAS
O domingo 26 de outubro chega ao Auditorio de Nigrán unha nova proposta de FAVALMI dirixida a nenos e nenas maiores de 6 anos! 👧👦
📅 Data: Domingo 26 de outubro de 2025
🕓 Sesións: 16:00 h e 18:00 h
🔬 Tipo: Obradoiro participativo
🔒 Inscrición obrigatoria (máx. 25 participantes por sesión)
A actividade “Mulleres Inventoras” é unha viaxe pola historia das mulleres que, grazas á súa creatividade e talento, fixeron avanzar o mundo coa súa intelixencia.
Descubriremos as historias e inventos de Melitta Sollmann (filtro de café), Mary Anderson (limpaparabrisas), Josephine Cochrane (lavalouzas), Ángela Ruiz Robles (libro electrónico), Stephanie Kwolek (Kevlar)… e moitas máis!
A través dun obradoiro práctico, divertido e participativo, os nenos e nenas poderán experimentar, crear e aprender xogando coa ciencia e a igualdade. 💡👩🔬
💜 Actividade organizada por FAVALMI (Federación de ANPAs do Val Miñor)
🤝 Subvencionada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, no marco da convocatoria SI449B para promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.
Recordade que un cativ@ que non acude está privando a outro de poder ir.