RECOLLIDA DE ALIMENTOS 2025
🌟 A Gran Recollida 2025 chega ao Val Miñor! 🌟
A Gran Recollida é, sen dúbida, a maior acción social que organiza cada ano o Banco de Alimentos de Vigo. Unha mobilización solidaria enorme, que require centos de voluntari@s e que se converteu na iniciativa máis importante da entidade.
👉 Este ano, no Val Miñor, celebramos unha gran novidade: a colaboración entre FAVALMI (Federación de ANPAS do Val Miñor) e o Banco de Alimentos de Vigo.
🧒👧 Grazas a esta iniciativa, os nenos e nenas das ANPAS poderán participar activamente nesta causa solidaria, sempre acompañados dun adulto titor responsable. É unha oportunidade única para educar en valores de solidariedade e compromiso social desde a infancia, implicando tamén ás familias e á comunidade educativa.
📅 Datas: venres 7 e sábado 8 de novembro
📍 Supermercados do Val Miñor
📑 Para participar é necesario cubrir o documento de inscrición (dispoñible a través da vosa ANPA ou decargar neste link: https://drive.google.com/file/d/1V5LZn-s67xvVt0s4bf1vePF5lUu7IOxK/view?usp=drive_link e despois enviarnos).
Xuntos, como comunidade educativa, podemos facer que esta Gran Recollida sexa un éxito e demostrar que a solidariedade tamén se aprende desde pequenos. 💙
#GranRecollida2025 #FAVALMI #BancoDeAlimentos #ValMiñorSolidario #EducandoEnValores